A Escola de Teatro de Cee pechou o curso ao Woody Allen
01:23 20/06/16
Peche da Escola de Teatro de Cee
Tivo lugar esta fin de semana a cita máis esperada do ano para os aprendices de actores de Cee. O auditorio da Casa da Cultura acollía a Clausura do curso da Escola Municipal, dirixida por Artur Trillo. 15 actos de todas as parroquias vestíanse de longo para a noite máis esperada. 200 persoas esperaban a estrea.
A obra era unha adaptación, feita polo propio director de Talía Teatro, da película de Woody Allen “Sombras na noite”. E non saíu nada mal. Quedaron satisfeitos os actores Tito Rodríguez, Raúl Prieto, Verónica Ramil, Pablo García Vigo, Mari Carmen Caamaño, Maria Luisa Pita, Serxio Domínguez, Belén Lado Outes, Fátima Fernández, María Belén Lema, Alicia Costa, Tomás Arias, Martín Dono Mujico, Rosa González e Marisa Tojo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).