A Escoliña de Cee abre o prazo para recibir novas crianzas

08:15 14/05/14

Aínda estamos en maio pero o novo curso xa está en marcha. Hoxe, dende a brava Escola Infantil Municipal de Cee infórmannos que abre o prazo para novos ingresos de cara ao curso 2014-2015.
As solicitudes hai que entregalas ata o 31 de maio, o 10 de xuño publicarase a lista provisional; do 11 ao 21 de xuño abrirase o prazo de reclamacións; a primeira semana de xullo serña a da publicación definitiva para proceder durante a 2ª e 3 semana de xullo ás formalizacións da matrícula.
Poden informarse no 981 745 100 (ext 1) no 981 74 75 06 ou en [email protected].
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).