mércores. 30.04.2025
El tiempo

A familia Ozón, a pleno en Muxía

A familia Ozón, a pleno en Muxía
A familia OZon na terceira xuntanza en Muxia

Curiosa xuntanza xenealóxica, case heráldica, a que viviu a Grixa-Vilastose, en Muxía, esta pasada fin de semana. Toda a familia Ozón xuntouse na aldea. Chegaron dende Santiago, Bertamiráns, Vigo, Cambados, A Coruña… pero tamén de Muxía, Cee, Mazaricos, Dumbría, Fumiñeo, Vimianzo, Senande, a Senra… Pois a pesar de non ser o apelidos máis numeroso na bisbarra, si que temos unha nutrida presencia.

Esta xa foi a terceira xuntanza familiar na que se reuniu varias xeracións da familia, dende a máis maior con 88 anos ata a máis noviña con 9 meses.

Como non podía ser doutro xeito, a celebración incluíu unha gran comilona con empanada, churrasco, postres caseiros, viño do pais. E como colofon, a actuación do grupo de gaitas Peta Forte de Pereiriña, que amenizou a comida ata ben entrada a noite.

O grupo Peta Forte en Muxia

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e fotos de Rafa Quintáns.

Comentarios