Martes. 07.04.2020
El tiempo

A Feira do Libro e a Mostra de Teatro, puntos fortes do programa de verán de Cee

A Feira do Libro e a Mostra de Teatro, puntos fortes do programa de verán de Cee

A Concellería de Cultura, Educación e Deporte do Concello de Cee presentou o programa cultural para este mes de agosto dirixido a todos os veciños e visitantes que comparten con nós estas datas. Como sempre, actividades variadas, xunto coas cotas habituais da Feira do Libro e Mostra de Teatro, que celebra o se 25 aniversario, convertirán a Cee no epicentro cultural da Costa da Morte durante este mes.

Programa

  • Sábado 4: a partir das 19.30 h. na Praza da Constitución, II Memorial de Bandas “Manuel Rebollar”, coa participación da Banda de Música de Caldas de Reis, Banda Cultural e Recreativa de Bandeira e Banda de Música de Cee. Organiza Asoc. Amigos da Banda de Música de Cee.
  • Domingo 5: a partir das 21.00 h. nos xardíns da Fundación Fernando Blanco, XIII Certame de Habaneras: Coral Follas Novas e Coral Neria-Costa da Morte.
  • Luns 6: a partir das 21.00 h. nos xardíns da Fundación Fernando Blanco, exhibición de baile tradicional coa participación das agrupacións Asoc. Cultural Terra de Sena e S.D.C. Brens. Tamén contaremos coa actuación do grupo de pandereteiras de Brens.
  • Martes 7: a partir das 21.00 h. na Praza da Constitución, exhibición de taekwondo a cargo dos alumnos do Club Taekwondo “Arte e Movemento” de Cee. Desde as 22.30 horas nos xardíns da Fundación Fernando Blanco proxección cinematográfica: “Vilamor”. O último gran éxito do cinema galego. Obra recomendada para maiores de 12 anos.
  • Mércores 8: a partir das 21.00 h. na Praza da Constitución, o mago Javier Muro presenta o seu novo espectáculo para tódolos públicos “Fantasía mágica”.
  • Xoves 9: a partir das 21.00 h. na Praza da Constitución, Peter Punk e a chungatrona, un divertido espectáculo de circo na rúa.
  • Venres 10: A partir das 21.00 h. na Praza da Constitución, concerto a cargo do grupo Clave de fado, unha viaxe pola música de Galicia e Portugal.
  • Sábado 11: a partir das 20.00 h. na Praza 8 de marzo, exhibición de taekwon-do ITF a cargo dos alumnos do Club Cee Deportes de Contacto. Desde as 22.30 h. na Praza da Constitución, gala de zarzuela a cargo da soprano Aida López e do tenor Diego Neira coa Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla. Organiza Asoc. Amigos da Banda de Música de Cee.
  • Domingo 12: a partir das 21.00 h. na Praza da Constitución, exhibición de bailes de salón a cargo dos alumnos do Club Baile Deportivo “Arte e Movemento” de Cee.
  • Luns 13: a partir das 21.00 h. na Praza da Constitución, pregón das festas da Xunqueira e concerto a cargo do grupo Funkatro.
  • Martes 14: a partir das 21.00 h. na Praza da Constitución, concerto a cargo da Banda de Música de Lousame.
  • Venres 17: a partir das 16.30 H. na Praza da Constitución, gran festa infantil co Garabato de xogos e desde as 21.00 horas, concerto a cargo de Pablo Díaz e a banda Tic-Tac.
  • FEIRA DO LIBRO: do 11 ó 16 de agosto, na Praza da Constitución. As casetas da feira estarán abertas o público no seguinte horario: polas mañás: de 11.00 a 14.00 horas (os días 15 e 16 abrirán ás 12.00 horas) e polas tardes de 18.00 a 22.00 horas. Actividades paralelas: contacontos, seráns de terraza literaria e sinatura de libros.
  • XXV Mostra de Teatro: desde o xoves 23 e ata o domingo 26 o teatro será o gran protagonista. Sesións infantís, na rúa e para adultos para dar remate á programación cultural do verán. Organiza: Asoc. Cultural Talía Teatro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Cee.

comentarios