Venres. 04.10.2024
El tiempo

A Fiscalía denuncia a desecación do río Castro pola maior piscifactoría de España

A Fiscalía denuncia a desecación do río Castro pola maior piscifactoría de España
Piscifactoria-de-Lires Non para a entidade AEMS Ríos con Vida tras conseguir a resurrección da Fervenza do Ézaro. I é que a asociación tamén denunciara o pasado mes de setembro á piscifactoría de Tres Mares pola desecación do río Castro. Hoxe recibiu novas a entidade i é que o as súas denuncias penais e administrativas conseguen que a Fiscalía de Medio Ambiente leve ante os tribunais a desecación do río Castro causada piscifactoría, ao parecer, a maior de España. A causa é a mesma que obrigou a reabrir a fervenza do Xallas, i é que non se mantén o "caudal ecolóxico". A entidade entende que na fermosa zona protexida da desembocadura do río Castro na Ría de Lires a empresa comete "varios delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente, captación abusiva de augas, detracción de augas públicas e defraudación de fluído, dada a gravidade dos feitos, xa que falamos do incumprimento continuado da Lei do Patrimonio Natural e Biodiversidade, a Lei de Augas e a Lei de Pesca Fluvial de Galicia", explican. Segundo a denuncia da Fiscalía, TRES MARES incumpre desde polo menos 1994 "de xeito consciente e voluntaria os termos da concesión", e en determinados momentos a presa "non verte caudal ecolóxico algún". A Fiscalía tamén se refire a episodios de verteduras ilegais. Así mesmo, a Xunta incoou o pasado setembro un expediente sancionador por carecer de módulos de limitación de caudais, algo obrigatorio desde 1986. Mark Adkinson, presidente de Ríos con Vida, califica de "gran paso" a medida adoptada pola Fiscalía e polo SEPRONA, aos que felicita. Insta igualmente "á Xunta de Galicia e ao Xulgado a que adopten de inmediato as medidas cautelares que garantan que o río Castro recupere o seu caudal e que a presa deixe de ser un obstáculo". Para iso faise indispensable "declarar de oficio caduca a concesión e que se proceda a demolición da presa e a restauración do río con cargo ao infractor, quen deberá facerse cargo da responsabilidade ambiental correspondente".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de AEMS Ríos con Vida.

Comentarios