Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carlos Oliete: "Nós cumplimos ca legalidade"

Carlos Oliete: "Nós cumplimos ca legalidade"

As fines de semana do verán, as datas de semana santa, o primeiro de maio... xa non serán máis especiais no Ézaro que o resto do ano. Agora é o ano enteiro o que cobra protagonismo na ensenada trala apertura definitiva do caudal ecolóxico do último treito do río Xallas. A Fervenza do Ézaro, volve ser a única que desemboca no mar.

Hoxe, antes de falar co director da empresa Ferroatlántica, achegamos esta foto da apertura dunha comporta no Encoro de Santa Uxía. Comporta que libera exactamente eses 2,3 metros cúbicos por segundo de caudal ecolóxico que ten que liberar a empresa Ferroatlántica, para devolver a vida aos 1,4 quilómetros río abaixo. Ademais tamén podemos ver un vídeo escoitando como soa a Fervenza.

Entrevista con Carlos Oliete

Pero queremos saber as causas da apertura. Falamos con Carlos Oliete, director de Ferroatlántica na Costa da Morte. Teno claro, "nós cumplimos as resolucións. Recibimos o expediente e actuamos conforme á legalidade, simplemente. Pero a causa non a sabemos".

Dúas causas poden ser claves: a revisión da concesión por parte da Xunta; e a denuncia de AEMS Ríos con Vída por desecar eses 1,4 quilómentros. Na empresa non saben cal, tan só recibiron unha "resolución do Secretario General Técnico da Consellería de Industria na que indica que o condicionante número 21 da anterior concesión varía, polo cal o caudal anterior se cambia polo ecolóxico. Pero non sabemos por que".

Oliete explica que dende o seu punto de vista a Fervenza servir de auténtico motor turístico para a zona. E sinala que "2.000 persoas nunha mañá repercuten máis na zona que 2 persoas salpicadas ao longo do día".

Á pregunta de se a apertura ten carácter permanente, Oliete responde un claro "Temos obrigación a saltar 2,23 metros cúbicos por segundo e acatamos as normas.

A repercusión económica á produción hidroeléctrica pode rondar o 10%, como nos conta Oliete, unha vez que "o caudal de recente é o 10% do caudal medio do río, polo tanto deixaremos de turbinar o 10% do auga do río".

Sobre se haberá problemas de abastecimentos en anos de sequía (o encoro de Santa Uxía utilízase como suministrador de auga para a comarca de Fisterra), Oliete apunta que "esperemos que non, pero eso non é programable, aínda que non parece probable".

Por último, preguntámoslle se se vai manter o alumeado nocturno de cara ás noites de verán nas fins de semana. "Iso é cuestión do Concello". Dende o Concello, María Agulleiro apuntaba onte que o máis probable é que se mantiveran os días sinalados.

Mantense o alumeado nocturno

A Ferroatlántica seguirá mantendo o horario de aceso do alumado nocturno da fervenza do río Xallas, no Ézaro, durante este sábado de Semana Santa e todos os sábados do verán, como mostra de apoio á actividade turística e ao desenvolvemento económico da zona.
Así, seguirán mantendo o aceso nocturno durante os días e horas programados (sábado Semana Santa e sábados do verán de 22h30 a 23h30).

Fervenza do Ézaro (14-04-11)

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios