Martes. 16.04.2024
El tiempo

A fotografa Mar Cerviño e o ceramista Nacho Porto protagonizan a nova exposición de Stoupa

A fotografa Mar Cerviño e o ceramista Nacho Porto protagonizan a nova exposición de Stoupa
exposicion-stoupa-cee exposicion-stoupa-cee Ao longo do mes de febreiro, a xuventude da fotógrafa Mar Cerviño e a veteranía do ceramista Nacho Porto danse da man para protagonizar unha exposición conxunta en Stoupa, Cee. A fotógrafa de Corcubión presentará a colección “Pela luz dos seus olhos”, unha serie de 16 fotografías tomadas en Río de Janeiro no verán de 2014 nas cales retrata a gran beleza cultural e paisaxística da cidade, así como os seus grandes contrastes sociais. Pola súa banda, Nacho Porto presenta un repaso polos seus últimos proxectos, nos cales propón unha aproximación da cerámica á tecnoloxía e unha reformulación dos usos das súas pezas: soportes para memorias USB, altavoces cerámicos para o teléfono móbil, ‘manos libres’… Unha fusión entre a vangarda e a tradición oleira que se verá reflexada nas máis de vinte pezas que conforman a colección. Horario A exposición poderá visitarse ata finais de febreiro no horario habitual da tenda; de martes a sábado de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas e os domingos só en horario de mañá.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios