A Fundación e o IES Fernando Blanco abren a 6ª edición dos seus premios académicos


A Fundación Fernando Blanco de Lema e o I.E.S. Fernando Blanco de Cee veñen de convocar a sexta edición dos Premios Académicos Fernando Blanco, correspondentes ao Curso 2016-2017.
Unha iniciativa, xurdida no Curso 2011-2012, que nacía cun dobre obxectivo; por un lado recoñecer e premiar o esforzo, aplicación e resultado do alumnado do centenario instituto ceense, e por outro, recuperar una tradición histórica da entidade, posto que xa no regulamento de 1886, recollíase a necesidade de agasallar aos mellores expedientes de cada curso.
Ao igual que en edicións pasadas, ditos Premios teñen por finalidade premiar a 5 dos mellores expedientes académicos do I.E.S. Fernando Blanco de Cee (cursos: 1º de F.P. Básica; 3º da E.S.O; 1º Bacharelato; 1º de Ciclo Medio e 1º de Ciclo Superior). Cada un dos Premios está valorada en 500 € (220 € en metálico e 280 € en vales de compra a consumir nos establecementos colaboradores). Os/As alumnos/as que opten a estes Premios deberán ter todas as materias aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5.
A cerimonia de entrega dos Premios, celebrarase o 20 de outubro de 2017 no salón de actos do I.E.S. Fernando Blanco.
Para levar adiante esta iniciativa, a Fundación e o I.E.S. Fernando Blanco contan coa colaboración de varias entidades e establecementos: Deputación da Coruña, Estación de Servicio Bazarra, Centro Comercial Finisterrae, Ler Librerías, Fersi Papelería, Aurora Sport, Cabo Sport, Grupo Santitel - Vodafone, Roberto G. Rigaut (Mapfre), Compucee, Seguros Costa da Morte e Paques e Xardíns Manuel García.
- Máis información:
As bases completas que rexerán a concesión dos Premios Académicos Fernando Blanco Curso 2016 – 2017 atópanse na web www.museofernandoblanco.org.
Novas relacionadas
- Outubro 2016: A Fundación Fernando Blanco premio aos mellores do instituto.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).