A Fundación Fernando Blanco pasa dos Mour@s á seguridade da internet


Non para o completo programa do Mes da Fundación Fernando Blanco de Cee. Xa temos falado de arquitectura, temos escoitado ata música rusa. Desta volta, o pasado sábado, foi tempo para a historia, e quen mellor que Mar Llinares, para falarnos sobre "Os outros habitantes de Galicia. Mouros e mouras na Costa da Morte”.
Xa temos falado da importancia dos os encantos na nosa bisbarra, e a Doutora en Xeografía e Historia da USC, natural de Carnota, recuperou ese concepto de mouros e mouras que tanto mitifica a nosa Costa da Morte. Foi unha conferencia semellante á que deu no Simposio sobre o Megalitismo de Vimianzo, desta volta a toda a veciñanza da comarca de Fisterra.
Mar falou de como Galicia estivo habitada, dende sempre, non só por humanos, senón por outra clase de criaturas que habitualmente se chaman mouros. Os mouros e as mouras non són coma nós, senón que son seres máxicos, míticos e enigmáticos, pertencentes a unha realidade ou dimensión diferente á nosa, dos que sempre falamos cunha mestura de medo e respecto, a medio camiño entre a incredulidade e a esperanza na súa verdadeira existencia.
Vindeira cita, tecnolóxica

A seguinte cita, pensada par aalumn@s de Bacharelato do IES Fernando Blanco e do IES Agra de Raíces, será moi interesante. Será unha Conferencia de Iñaki Quenerapú, un dos gurús das TIC Galegas. Xa temos visto no TedEx Galicia de Carballo e mesmo xa pasou por Cee hai pouco. Agora volve para falar da "Seguridade en internet. Contrastar información”.
Iñaki naceu en Bilbao no ano 1970, e defínese así mesmo como un evanxelizador dixital. Entende que a revolución dixital que estamos a vivir é posiblemente una das de maior impacto en toda a historia da humanidade e, porén, trata de axudar á xente a adaptarse a este novo paradigma. Considera que a xente que naceu na era de internet ten moito que aprender sobre o aproveitamento da tecnoloxía.
Profesionalmente adícase a por en marcha proxectos en internet, a deseñar estratexias de marketing, ao deseño gráfico e ao naming. Pero ten feito de todo: cómic, teatro, organización de eventos, formación, etc.
Habitualmente chámano para dar charlas, como a de hoxe, sobre tecnoloxía, porque disque explica as cousas moi ben, e ademáis, é moi divertido. Non é habitual que che expliquen algo sobre ordenadores e que acabes, non só entendéndoo, senón que ademáis, te esperreches coa risa. Pois con Iñaki estas cousas si que pasan, xa veredes.
Novas relacionadas
- O Mes da Fundación trae a música rusa a Cee.
- Conferencias, música, monólogos, obradoiros e conta contos protagonizan o Mes da Fundación.
- Unha bisbarra con encantos.
Novas relacionadas
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (VI)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (V).
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (IV)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (III)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (II)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (I)
- 2016: Os Debuxos da Fundación (II)
- 2016: Os Debuxos da Fundación
- 2015: Os debuxos da Fundación (II)
- 2015: Os debuxos da Fundación Fernando Blanco (I).
- 2015: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (II).
- 2015: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (I).
Máis novas
- QPC volverá publicar os Relatos e Debuxos premiados da Fundación Fernando Blanco
- Bazarra apoia por quinto ano a actividade cultural da Fundación Fernando Blanco
- Cee volve celebrar “o mes da Fundación” para alumnos e público en xeral
- A Fundación Fernando Blanco renova as súas becas coa axuda de Bazarra
- Primeira fornada de becarios da Fundación Fernando Blanco.
- O Museo da Fundación Fernando Blanco vólvese salvar polo apoio empresarial.
- O Unión Club Cee segue acadando apoios empresariais como o de Bazarra.
- Olimpia xa ten gasoliña para correr.
- Bazarra.com, moito máis que a web dunha gasolineira:
- A fotografía toma o museo Fernando Blanco.
- Expoñendo a arquitectura de Domingo Antonio de Andrade.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)