A Fundación Fernando Blanco renova as súas becas coa axuda de Bazarra
08:17 23/02/13
Xa comentamos o complicado que lle pode resultar sobrevivir a un espazo cultural nos tempos que corren. I é que o Museo da Fundación Fernando Blanco vólvese salvar polo apoio empresarial. Unha das empresas que aposta por apoialo é a Estación de Servizo Bazarra, que vén de asinar un convenio de colaboración coa Fundación.
Aí vemos a Julio López Vázquez, Xerente da Estación de Servizo Bazarra, e Darío Areas Domínguez, Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema, asinando o convenio sobre o que a entidade colaborará económicamente en dúas das actividades programadas pola mencionada Fundación para este ano 2013. Estas actividades son:
- I Concurso de Relatos Curtos xuvenil dirixido a escolares de 2º e 3º Ciclo de Primaria e da ESO dos centros educativos de 10 concellos da contorna, e que xirará en torno á temática da emigración (as bases poden descargarse da web www.museofernandoblanco.org), no cal entregaranse 6 premios por valor de 600 €. A Estación de Servizo Bazarra comparte colaboración nesta actividade coa Deputación Provincial da Coruña.
- 2ª Edición das Becas-Premio Fernando Blanco, que teñén por obxecto premiar a 5 dos mellores expedientes académicos do IES Fernando Blanco de Cee, en concreto aos cursos 1º PCPI, 3º ESO, 1º Bacharelato, 1º Ciclo Medio de Xestión Administrativa e 1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas). Tamén nesta acontecemento a Estación de Servizo Bazarra compartirá colaboración coa Deputación da Coruña e con varios establecementos comerciais de Cee.
Por segundo ano consecutivo, posto que xa o fixo no pasado ano 2012 coa 1ª edición das Becas-Premio, a Estación de Servizo Bazarra colabora de xeito altruista e desinteresado coa Fundación Fernando Blanco, algo que é de agradecer sempre, e máis nos tempos que corren.Máis información
Novas relacionadas
- A Fundación Fernando Blanco artella o I Concurso de Relatos Curtos xuvenil.
- Primeira fornada de becarios da Fundación Fernando Blanco.
- O Museo da Fundación Fernando Blanco vólvese salvar polo apoio empresarial.
- O Unión Club Cee segue acadando apoios empresariais como o de Bazarra.
- Olimpia xa ten gasoliña para correr.
- Bazarra.com, moito máis que a web dunha gasolineira:
- A fotografía toma o museo Fernando Blanco.
- Expoñendo a arquitectura de Domingo Antonio de Andrade.
Fonte
- Nota de prensa da Fundación Fernando Blanco