![Mercadillo de Vimianzo]()
Un posto calquera do Mercadillo de Vimianzo
Non lembramos unha acción así polos mercadillos da comarca ante os supostosdelitos de Propiedade Industrial. Pero este xoves, a Patrulla Fiscal da Garda Civil de Vimianzo procedeu á detención dun veciño de Carballo como presunto autor dun delito contra a Propiedade Industrial. Os feitos tiveron lugar tras unha inspección realizada nun mercadillo de Vimianzo (todososxoves) onde a forza puido observar un posto con numerosas pezas aparentemente falsificadas e expostas para vender de forma ambulante.
O total das pezas incautadas pola Garda Civil ascendeu á cantidade de 1737 entre distintas marcas, cun valor aproximado de 36.070€. Descoñécese de onde proviña o xénero exposto.
Dáse a circunstancia de que en numerosas ocasións os comerciantes da zona queixáronse do que presupoñen como unha competencia ilícita.
Fonte
Redacción de QPC