A loita contra as Preferentes colle nome e apelidos
Diante da oficina en Cee da Novagalicia Banco. A concentración convocada pola Plataforma de Afectados polas Partipacións Preferentes da Costa da Morte para este venres 4 de xaneiro de 2012 tivo lugar nun lugar tan concreto coma ese, para facer clara a voz de protesta contra esta entidade bancaria.
As protestas non só van contra esta entidade, pero segundo informan dende a Plataforma, dos máis de 5.000 afectados na Costa da Morte polas participacións preferentes, moitos tiñan os seus aforros na extinta Caixa Galicia.
Así, máis dun centenar de afectados e veciños se concentraron diante da porta cunha clara mensaxe: "Queremos os nosos aforros. Goberno, solución Xa!".
I é que as solución propostas, Arbitraxe ou demanda xudicial, non parecen xustas, se ben os únicos que están a recuperar os cartos son aqueles veciños que renuncian a parte dos seus aforros. Queda así a arbitraxe en tela de xuízo.
Apoio político
BNG de Cee e Asemblea Nacionalista de Cee apoiaron a manifestación. Dende o grupo opositor consideran inxusto que "a única solución que se lles dá é perder parte do seus aforros para poder recuperar a outra parte do diñeiro que durante anos foron quen de xuntar”. Ademais “esixe ao Concello de Cee que abra unha liña de axuda e asesoramento aos afectados".
Pola súa banda, o grupo de goberno da ANC, declaraban que o Concello procurará “facilitar información á cidadanía, malia non contar cunha oficina de información ao consumidor municipal”.
Novas relacionadas
- Os veciños de Buño e toda a comarca se mobilizan polo peche da oficina Caixa Galicia.
- A Costa da Morte está viva contra as Preferentes.
- Preferentes: Arbitraxe ou demanda xudicial.
- Castellanos aos Afectados das Preferentes: “Agora manda a Troika”.
- 16-10-12: Os afectados polas Preferentes seguen uníndose e xa teñen un canle de consulta.
- 5.000 afectados polas Preferentes na Costa da Morte para unha nova reunión en Camariñas.
- 06-08-12: Máis de 130 afectados polas Preferentes dan a cara.
- 12-07-12: Os afectados polas Preferentes na Costa da Morte xa se moven.
- 05-07-12: En marcha a Plataforma de afectados polas Preferentes da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).