A Lotaría volve deixar premio en Santa Comba


Xa o dicíamos o ano pasado: Sempre toca en Santa Comba. E non fallou. Esta Lotería de Nadal 2017 volveu dar sorte nas administracións de Loterías Marcelino e Merceditas de Rafael, situado na rúa Xosé Ferreiro. Desta volta foi un 2º Premio, co número 51244, cada décimo premiado con 125.000 euros. A administració xalleira vendeu un décimo con ese número a través da máquina.
Non é de balde o de que Sempre toca en Santa Comba, como podedes comprobar nas cifras que nos colleitaba José María Suárez. Xa pasan dos 55 millóns de euros os repartidos por esta administracións no que vai de século.
137.000€ en Cee
Ademais, o Hotel Insua e todo o seu Grupo tamén repartiu sorte. O número ao que xogou a propia casa recibíu 100€ cada décimo, e despois de contabilizar todo o que se vendeu, foron un total de 137.000€, un bo premio para a vila ceesa.
Novas relacionadas
Máis novas
- Outubro 17: A Bonoloto deixa medio millón de euros en Ponteceso.
- Xaneiro 2017: A lotería nacional deixa un primerio premio en Corcubión.
- Decembro 2016: A lotería de Nadal pasa pola Costa da Morte
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).