Martes. 05.11.2024
El tiempo

A música das bandas volve a Cee grazas o IV Memorial Manuel Rebollar

A música das bandas volve a Cee grazas o IV Memorial Manuel Rebollar
VI memorial Manuel Rebollar 2016 Tres bandas participan no que será o primeiro acto da sexta edición do Memorial Manuel Rebollar organizado pola asociación de Amigos da Banda de Música de Cee. A primeira das tres funcións programadas, será a partir das 19:30 horas desta tarde na praza da Constitución de Cee. A primeria en abrir o acto é a banda municipal de música de Cee que interpretará cinco pezas. A continuación actuará a Unión Musical de Valladares que tocará oito pezas entre as que se inclúe "Viva Navarra", "Amapola", entre outras. Logo chegaralle o turno da Banda de Gaitas de Forcarei que interpretará cinco pezas. "Un dos momentos máis emotivos será a actuación conxunta entre a banda Unión Musical de Valladares e a Banda de Gaitas de Forcarei", explica Ramón Insua - membro da asociación Amigos da Banda de Música de Cee. Os actos do memorial continuarán durante o mes de agosto con outro concerto de bandas e cun canto de taberna. "Este é o sexto ano que organizamos este memorial" - explica Ramón Insua. Manuel Rebollar dirixiu entre anos 1936 e 1940 unha banda de música en Cee que se converteu nun referente. Por distintos motivos, o director viuse obrigado a abandoar a banda que continuou a súa actividade ata os anos 50. Foi aló polo ano 1998 cando se volviu a constituir a banda de Cee e a raíz de aí naceu a asociación de Amigos da Banda de Música de Cee que hoxe en día conta cuns 250 socios. Dende a organización insisten que este tipos de eventos non sería posible de organizar sen a colaboración do concello de Cee, de Ferroatlántica e dos comercios da vila. Fonte

Comentarios