Venres. 26.04.2024
El tiempo

A nova lei de saúde asiganaralle un distrito sanitario ao hospital de Cee

A nova lei de saúde asiganaralle un distrito sanitario ao hospital de Cee
hospital-cee-lei-saude Alcaldes e representantes municipais mantiveron onte un encontro co conselleiro de Sanidade para coñecer o anteproxecto de Lei Alcaldes e representantes municipias da Costa da Morte reunirónse onte co conselleiro de Sanidade - Jesús Vázquez Almuiña - co fin de coñecer os puntos máis salientables do anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia. Almuiña avanzou que a modificación normativa permitirá a creación do distrito sanitario ligado ao Hospital Virxe da Xunqueira que ata o de agora non contaba con área sanitaria propia. Os distritos sanitarios serán marco de referencia da actividade de atención primaria, hospitalaria e sociosanitaria que se establecerá arredor do hospital e equivalerá á area hospitalaria actualmente en vigor. A reforma normativa permitirá axustar a lexislación á realidade actual, coa proposta dunha ordenación territorial sanitaria distribuída en áreas sanitarias e en distritos, que serán divisións territoriais desas áreas. Esta adaptación da organización territorial á administrativa permitirá ampliar a oferta de recursos asistenciais nos hospitais comarcais."Trátase de crear un marco legal que permita mellorar os servizos sanitarios de Galicia", defendeu Almuiña. Á reunión desta mañá foron convocados representantes dos concellos de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas. O obxectivo da consellería de Sanidade con estas xuntanzas é facilitar o maior grao de consenso e participación activa na elaboración da norma. O texto continúa, actualmente, publicado no Portal de Transparencia da Xunta de Galicia para que toda a cidadanía poida achegar as suxestións que estimen oportunas no que se ampliou o prazo ata o día 1 de setembro. Actualmente, existen en Galicia sete Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXIs), 11 áreas sanitarias e 14 hospitais da rede sanitaria pública, tres dos cales - Barbanza, Cee e Verín - non se corresponden cunha área sanitaria. Na reunión indicouse que o ámbito das áreas coincidirá co das sete actuais EOXIs: A Coruña; Santiago de Compostela; Ferrol; Lugo, Cervo e Monforte de Lemos; Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; Pontevedra e O Salnés; e Vigo. Outra das vantaxes que recolle a nova organización territorial é que achega ao servizo sanitario á cidadanía e permitirá unha coordinación entre atención primaria e atención hospitalaria máis efectiva, cunha cobertura asistencial realizada cos mesmos criterios asistenciais e de derivación entre centros, protocolos únicos de área, e maior interactuación de profesionais de ambos niveis asistenciais.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios