Venres. 26.04.2024
El tiempo

A oposición ceense denuncia o olvido de Brens e pide unha ampliación da Casa da Cultura

A oposición ceense denuncia o olvido de Brens e pide unha ampliación da Casa da Cultura

O BNG de Cee comezou hoxe o reparto dunha carta aos veciños de Brens na que denuncia "a escasa inversión do goberno municipal nesa parroquia". A carta detense especialmente nos temas do saneamento e o urbanismo.

Saneamento

"O único que se fixo en canto ao saneamento dos distintos lugares da parroquia de Brens foi poñer parches que non resolven o asunto, posto que as augas residuais de Berroxe, As Aritas, A Pontella, Fadibón e Raso seguen sen chegar á depuradora de Cubiles". Así definen a actividade do concello nesta materia.

Urbanismo

En canto ao urbanismo, apuntan que "a incapacidade de Vigo e compañía para aprobar un novo PXOM, fai que persistan secularmente os problemas de accesos aos distintos lugares da parroquia de Brens". A carta recolle propostas neste sentido que o BNG de Cee porá enriba da mesa cando se discutan novas inversións municipais (POS,...) Por último, tamén se inclúe a necesidade de "mellorar as infraestruturas culturais da parroquia, cunha ampliación e reforma da casa da cultura".

Exemplos de "ineptitude

Dende o BNG aportan varios exemplos do que consideran "ineptitude do goberno de PSOE e IxCee". Comezan denunciando que "invertiron fondos públicos en dotar de climatización ao centro cultural de Brens, sen ter en conta que a potencia eléctrica instalada non soporta esta instalación. Por iso agora non se pode usar".

Considera o calendario anual "un gasto innecesario en tempos de crise como o que vivimos", onde ademais non aparece a parroquia de Brens, que segundo o BNG só contou co 3% do investimento total do concello no 2010.

Propostas

O BNG de Cee propón catro actuacións fundamentais, que trasladará ao Pleno do concello e incorporará no seu programa electoral:

  • "Actuación na pista que sube dende o lugar da Chanca a Raso, que se ve limitada por unha parede e dúas cabaceiras".
  • "Actuación no acceso ao lugar de Borreiros, ampliando a entrada".
  • "Acceso ao lugar de A Grixa dende Camiños Chans, onde hai unha parede que limita a entrada do tráfico (fronte á Casa Talieiro)".
  • "Acceso ao lugar de A Grixa dende a estrada xeral Cee-Muros".

Ampliación da Casa da Cultura

Segundo o BNG local, "a casa da cultura de Brens e o seu entorno precisan dunha ampliación e unha reforma integral". "É necesario darlle un piso máis e redistribuír os espazos para que os veciños de Brens disfruten dunhas instalacións similares ás de outras parroquias coma Ameixenda ou Pereiriña", apuntan.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee, da man de Santos Díaz Graíño – concelleiro do BNG pola parroquia de Brens.

Comentarios