Domingo. 20.10.2019
El tiempo

A Policía chama a declarar a 11 novos implicados na “Operación Orquesta”

A Policía chama a declarar a 11 novos implicados na “Operación Orquesta”
  • [Última hora: 29-03-11 - 19:30h] Segundo informa EP, este mércores 30 de marzo pasarán a declarar na Comisaría da Policía Nacional da Coruña 4 dos imputados. Os implicados son a secretaria do Concello de Cee, a xefa de gabinete, unha administrativa e un axente da Policía Local, todos eles en calidade de imputados.
    Outras catro persoas vinculadas co concello ceense (tesoureira, aparellador municipal, interventora e axente de desenvolvemento local) pasaron ao longo do día de hoxe martes.

Volve a actualidade a Operación Orquesta. E volve con 10 persoas máis implicadas. Así, foron chamados a declarar ante a Policía Xudicial da Comisaría de Policía da Coruña, 10 novos implicados en diversas calidades. Todos eles son funcionarios e persoal laboral dos concellos de Fisterra, Cee e Mazaricos.

Os secretarios e os arquitectos municipais implicados declaran en calidade de imputados.

Concello de Cee

Ata 8 persoas do Concello de Cee foron chamadas a declarar. Entre elas atopamos ás Secretaria e Interventora Municipal, o Aparellador Municipal, a Xefa de Gabinete, dúas administrativas e un administrativo, e un Policía Local.

A alomenos 4 deles (Secretaria, Xefa de Gabinete, Policía Municipal e unha das administrativas) instáronlle que acodan acompañados dos seus avogados, ao seren chamados a declarar en calidade de imputados.

Concello de Fisterra

Ademais, o Secretario Municipal e Arquitecto Municipal do Concello de Fisterra foron chamados a declarar, e parece que tamén lles foi suxerido que fosen acompañados dos seus avogados.

Concello de Mazaricos

Tamén foi chamado a declarar o arquitecto municipal de Mazaricos.

Máis información

Artigos relacionados

Nova relacionadas

Fonte

Comentarios