A sombra do Campo de Golf, cada vez máis preto de Cee


Alcaldesa e representantes da empresa promotora do campo de golf e do complexo hostaleiro no alto do monte de San Pedro Martir, en Cee, mantiveron unha reunión na tarde do pasado mércores na que analizar as posibilidades de levar adiante o polémico proxecto.
Unha reunión na que a alcaldesa Zaira Rodríguez, prantexou diversas necesidades para a vila ceense, para ver as posibidades que tiña a empresa de investimento. I é que a recalificación de moitas hectáreas de monte terían que levar consigo, alomenos, unha contrapartida en clave de servizos públicos grande. Varios proxectos de rehabiitación no casco vello, incluída unha posible mudanza das dependencias municipais ao edificio da Escola de Música como antano; varias obras de saneamento…
As peticións da alcaldesa eran completas, pero os representantes xa indicaron que habería cartos para a compra dos terreos e pouco máis.
O que xa non se dubida é da viabilidade deste proxecto dun campo de golf, un complexo hostaleiro e unhas 250 vivendas (xa non as 3.000 coa que nacía o proxecto en 2007) e que xa se está se está adecuando para formar parte dos avances no PXOM, contando co total apoio do grupo de goberno.
Dende a oposición, ACN considera o proxecto un "pelotazo" urbanístico, semellante aos que levou á ruina toda a economía española.
Novas relacionadas
- 20-01-13: Avanza o PXOM de Cee co campo de golf en San Pedro Martir.
- 2013: O Parador volve a actualidade cun campo de golf.
- 2007: A construcción do campo de golf en Cee volve a estar encima da mesa .
Fonte
- Radio Nordés.
- La Voz.