Venres. 29.03.2024
El tiempo

A tradicional poxa dos galos de San Adrián de Toba albisca un bo verán

A tradicional poxa dos galos de San Adrián de Toba albisca un bo verán
Tradicional Poxa dos Galos do San Adrian de Toba-Foto-Rafa QUintáns Esteban, o sacristán de Toba, na Poxa dos Galos do San Adrián -Foto-Rafa Quintáns Se por Malpica o Santo Hadrián dase en clave de romaría, en Toba, Cee, o San Adrián ten tamén tintes de tradición moi arraigados. Como esa poxa dos galos. Como marca a tradición finalizada a misa solemne no campo da festa e recollida a imaxe de San Adrián no templo, iniciabase a poxa de galos. Galos que ofrecen os devotos de San Adrián en acción de grazas. É o tocaio Adrián, acompañado polo monaguillo Iván Pérez, o encargado de lanzar a poxa ao carón da casa reitora de Toba, ao lado da igrexa. Realízase neste lugar dende fai uns 10 anos pois anteriormente facíase nun salón que dispón o templo, onde había un galiñeiro. Este ano foron 18 os galos subastados, e a parella máis codiciada chegou nada menos que aos 64€. Pero non toda a xente que participa na poxa faino polos galos. A devoción tamén é importante. Así, algún dos meirandes “poxadores” deixan os galos no galiñeiro da igrexa, pois así “Quedan po Santo", e así permite que se volvan poxar. A comisión salienta que este ano houbo máis xente que outros anos na festa, e por iso a poxa foi máis visitada. Ademais quedou contenta a xente de Toba pois como di o refraneiro ligado a San Adrián, “Se chove por San Adrián; chove nas festas do verán”, parece entón que vai vir un bo verán! E que sexa polo Santo Adrián. Adrian e Ivan Perez na Poxa dos Galos do San Adrian de Toba-Foto-Rafa QUintans Adrian e Ivan Perez na Poxa dos Galos do San Adrian de Toba-Foto-Rafa Quintáns Poxa dos Galos do San Adrian de Toba-Foto-Rafa QUintans Poxa dos Galos do San Adrian de Toba-Foto-Rafa QUintans Peta Forte amenizou as alboradas, a misa e a sesión vermú Non faltou a procesión e a sesión vermú no San Adrián de Toba-Foto-sRafa Quintáns Non faltou a procesión e a sesión vermú no San Adrián de Toba-Foto-sRafa Quintáns

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/todos-os-caminos-dirixense-a-santo-hadrian/

Comentarios