Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Xunqueira sacou o mellor do orgullo ceense

A Xunqueira sacou o mellor do orgullo ceense
Procesión orgullosa da Virxe da Xunqueira-Foto-Rafael Quintáns Procesión orgullosa da Virxe da Xunqueira-Foto-Rafael Quintáns
Como cada ano, unha das citas máis esperadas do verán na comarca de Fisterra son as festas da Xunqueira. Completa foi a semana por Cee. O gris do ceo non foi impedimento para os libros, nin para as bandas, pero si un pouco para os cabezudos, que tiveron que retrasar o seu desfile por mor do orballo. Os cabezudos en Cee Falamos, hai que recordalo, da fin de semana con máis festas de todo o verán. Disque 2 de cada 3 vilas eñen festas esta fin de semana de mediados de agosto, cando gran parte dos emigrantes volven á súa terra para poñer o traxe de gala. A saída da procesión da virxe é un dos grande reclamos, que fai sacar o orgullo do ceense “fetén”. En clave musica, un día foi para o galego Roi Casal, que fixo da súa arpa a protagonista da Praza ceense. A noite seguinte non podía faltar unha boa verbena, e para iso estivo a Olympus, que fixo bailar a toda a parroquia.

Soraya, espectacular

Soraya en Cee-Foto-Raul Cee cheo para ver a Soraya-Foto-Rafa Quintans Soraya antes da actuacion-Foto-Rafa Quintans

A cita musical máis esperada era a chegada de Soraya. A artista congregou a máis de 6.000 persoas segundo a Policía Local, e deu un concerto meténdose a todo o público no peto. A xente non deixaba de cantar e corear a pesar dos numerosos paraugas que tiveron que calmar a choiva. E encantados quedaron ao ver que pasaba 45 minutos ao remate do concerto sacándose fotos e asinando discos co público.


Tamén Burning sacou á rúa ao Cee máis roqueiro, que hai e moito. Porque unha Xunqueira sen o toque roqueiro non é o mesmo. E se non que llo pregunten a Manolo Tena...


Burning en Cee-Foto-Raul

De libro

Rotundo éxito da Feira do libro, que serviu de homenaxeá propia literatura costeira. Foron protagonistas os Roberto Traba, María Canosa, Modesto Fraga, Suso Lista, Manuel Vilar, Rocío Leira, Xosé María Lema Suárez e Chema Rei, Maí Lado… xente da Costa da Morte que demostra que estado de saúde da nosa pluma está máis que ben. Fogos de Artificio da Xunqueira de Cee 2015-Foto-Rafa Quintans E como cumio final, sempre o punto álxido na noite sabatina, a gran traca de fogos de artificio, que compite coas mellores do país. A Concha encheuse de pólvora e cada metro da ría de Corcubión ateigouse de veciños para ver desde calquera punto da zona esta máxica combinación de cores. Así a cazou Rubén Santamaría:

”Cee á escena”

Cee a Escena Dende este martes 18 e ata o 24 de agosto, o Programa Completo do Agosto Cultural de Cee 2015 conitnúa coa 1ª Mostra de Teatro e das Artes Escénicas de Cee, para a que xa están os abonos á venda. Un programa teatreiro que colle o relevo da Mostra de Teatro que artellaba a xente de Talía, e que da man de Víctor Castiñeira mantén o nivel con grupos como os propio costeiros de Talía Teatro, que abren a Mostra este martes 18 con “Demolición”. Para o mércores temos o “Descanse en paz” de Malasombra Teatro. O xoves 20 será turno para o monólogo de Luís Zahera, coñecido actor galego. En clave de comedia e de música chegan o venres 21 Luís Iglesia e Xavier Deive, outros dous dos actores máis coñecidos da televisión galega, nunha montaxe dirixida por Avelino González. Mentres, o sábado 22 é tempo para volver a “O Principio” con Teatro do Atlántico, outra das compañías máis importantes da nosa escena. “Desencaixados”, da compalía O Aturuxo de Melpómene chega o domingo 23, para que sexan os “Improperios” de Triateiros cun espectáculo moi sorprendente o que peche esta 1ª Mostra o luns 24. As citas serán na Casa da Cultura ás 21:30h. Os adultos teñen dispoñible unha bono de 25 € que lle permite asistir ás sete funcións. Os adultos teñen dispoñible unha bono de 25 € que lle permite asistir ás sete funcións. E atentos os pais e nais, que todos os días de Mostra, agás o domingo, ás 12:30h, haberá sesión infantil tamén na Casa da Cultura.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios