Luns. 14.10.2024
El tiempo

A Xunta faille espazo ao Mercadona cun novo acceso no polígono de Cee

A Xunta faille espazo ao Mercadona cun novo acceso no polígono de Cee
Mercadona xa mercou dúas parcela no polígono de Cee

Xa están traballando na obra. I é que parece inminente a chegada do Mercadona para estrear o Parque Empresarial de Cee. Hai un ano que mercaba dúas parcelas e estes días a Xunta anuncia que o parque terá un novo acceso trala aprobación dunha modificación puntual do seu proxecto sectorial.

Un acceso que terá como finalidade permitir unha entrada máis directa á nova cadena. Un acceso dende a zona sur, dende a propia AC-552 e unha vez pasada a rotonda da VAC a Sardiñeiro en dirección Cee.
A conexión coa estrada CP-2303 realízase mediante unha glorieta de nova construción, que contribúe, ademais, a moderar a velocidade do tráfico neste tramo da vía próximo á localidade de Cee.
Ademais da conexión coa estrada, levarase a cabo un tramo de vía interior no parque empresarial, de preto de 300 metros de lonxitude, que permitirá a conexión co sistema viario interno do parque empresarial.

O proxecto sectorial prevé que SEA, S.L. realice un investimento de 739.700,00 euros (IVE incluído) para o novo acceso do parque empresarial. A licitación da vía xa foi autorizada polo Consello de Administración de SEA, polo que se vai levar a cabo de forma inmediata, e que estará finalizado antes do remate do ano que vén.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.

Comentarios