xoves. 01.05.2025
El tiempo

A Xunta reixeita as enmendas do BNG de Cee

A Xunta reixeita as enmendas do BNG de Cee
Malestar no BNG de Cee despois de que a Xunta rexeitase as súas enmendas aso presupostos para o 2016. Así, nos orzamentos do vindeiro ano que a Xunta aprobou a pasada semana non se recollen ningunha das propostas feitas polos nacionalistas ceenses entre as que figuraban:
  • Ampliación e mellora da EDAR de Cee-Corcubión
  • Seguridade viaria, acondicionamiento e dotación servizos da travesía da estrada AC-552 (avd. Fisterra) e da AC 550 (Avda. Fernando Blanco) ao seu paso por Cee
  • Dotación material e persoal no Hospital Virxe da Xunqueira
  • Dotación sistemas para operatividade heliporto de Ruibo
  • Dotación Porto de BRENS de base e equipamento de loita contra a contaminación mariña
  • Variante acceso Porto de Brens
  • Saneamento integral ría Corcubión
Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • BNG Cee

Comentarios