Aberto o prazo para a Escola de Música de Cee e para axudas do comedor escolar


Volvemos, un ano máis e a pesar dos recortes, ter aberta a Escola de Música de Cee, unha referencia na bisbarra. O prazo para presentar a solicitude de matrícula na Escola de Música de Cee curso 2012-13 remata o 5 de outubro de 2012.
Xa poden acodir ao Concello para anotarse ou facelo a través da páxina web www.concellocee.es.
Axudas para o comedor escolar
Ao mesmo tempo, o Concello apunta que está aberto o prazo de solicitudes da CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA GASTOS DE COMEDOR ESCOLAR. A finalidade é contribuir a paliar os gastos que xenera nas familias residentes no Concello de Cee e con menor recursos, o pagamento de gastos de COMEDOR ESCOLAR, non cubertos por outros sistemas.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o venres 28/09/2012. E a recollida de impresos e trámite das solicitudes pode facerse nas dependencias de servizos sociais do Concello: Traballadora Social e Auxiliar Administrativo de servizos sociais.
Novas relacionadas
- Abre o prazo para a Liga de Fútbol Sala de Cee.
- Cee abre o programa deportivo mentres nace un novo clube de atletismo.
Fonte
- Concello de Cee.