Aberto o prezo de matriculación para os módulos de FP
07:48 03/10/17
A partir do día 3 de outubro e ata o 6 de outubro ás 13:00, está aberto o prazo de matrícula para prazas vacantes do réxime ordinario que poderán ser ocupadas polo réxime de persoas adultas en ciclos formativos de FP. Así nos informan dende o IES Fernando Blanco de Cee.
Este sistema trata de flexibilizar o acceso á FP, de xeito que permitan, nomeadamente ás persoas adultas, a posibilidade de combinaren o estudo e a formación coa actividade laboral, coas cargas familiares ou con outras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais.
Neste tipo de matrícula, as persoas interesadas matricularanse de módulos formativos soltos dun ciclo formativo, cun máximo de 1.000 horas anuais.
As persoas interesadas poderán matricularse sempre que cumpran os requisitos de acceso establecidos na normativa vixente. Nos ciclos que se ofrecen no IES Fernando Blanco unha persoa sen requisitos de acceso pode matricularse en módulos asociados a unidades de competencia se ten máis de dous anos de experiencia no sector.
Este alumnado asistirá ás actividades lectivas coa organización establecida para o réxime ordinario e, en todo caso, a avaliación realizarase polo réxime de persoas adultas.
Fonte
- IES Fernando Blanco.