venres. 09.05.2025
El tiempo

Aberto o proceso de contratación de 10 novos peóns para o Concello de Cee co financiamento da Deputación

Aberto o proceso de contratación de 10 novos peóns para o Concello de Cee co financiamento da Deputación
Visita do presidente da Deputacion a Cee Visita do presidente da Deputacion a Cee

Despois da visita do Presidente da Deputación a Cee, o ente provincial vai debullando eses 645.000 que destina este curso, no marco do Plan Único.

Unha das liñas é a través do Plan de Emprego da Deputación (PEL-Concellos) financia a contratación de dez traballadores no Concello de Cee.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) xa publicou onte as bases do proceso selectivo para a contratación de dez peóns para a realización de obras e mantemento dos servizos municipais, cuxos custos laborais e de seguridade social asume a Deputación da Coruña a través da liña de apoio aos concellos do Plan de emprego local (PEL-Concellos).

Os dez operarios seleccionados realizarán traballos de relacionados cos servizos públicos municipais. Estes traballos incluirán o mantemento de camiños e vías de acceso municipais a distintos núcleos de poboación do concello, a limpeza de cunetas ou a reparación de parques, áreas recreativas e instalacións deportivas, limpeza e desbroce de maleza.

Requisitos

Para poder optar a estes postos de traballo é necesario estar en posesión do certificado de estudios primarios ou equivalente e do Celga 1 de lingua galega.

O plan está destinado a desempregados/as con dificultades para a integración laboral.

Entre os requisitos que deben cumprir os/as aspirantes a estes postos de traballo, figuran ter cumpridos os 16 anos de idade e estar inscritos no Servizo Galego de Colocación como demandantes de emprego.

A contratación debe beneficiar especialmente a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes.

Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Deputación da Coruña

Comentarios