Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Aberto o prazo de matriculación para as ensinanzas de Adultos

IES Fernando Blanco
Aberto o prazo de matriculación para as ensinanzas de Adultos

Do 9 ao 19 de xaneiro estará aberto o prazo de matrícula do segundo cuadrimestre do curso 2023-2024, para as ensinanzas do módulo II (2º da ESO) e módulo IV (4º da ESO). Así nos informa o IES Fernando Blanco de Cee.

As ensinanzas de Educación de adultos ofrecen unha nova oportunidade de formación para aquelas persoas que non teñen a titulación básica, para quen non rematou a EXB, para quen precise o título de Graduado en ESO e continuar estudos en ciclos formativos, bacharelato, etc.

As Ensinanzas de Adultos impártense de forma presencial no IES Fernando Blanco, en horario de 18:30 a 22:30, de luns a xoves.

Lembran, así mesmo, que no caso das Ensinanzas Non Regradas (Castelán e Galego para migrantes) o prazo de matrícula permanece aberto todo o curso.

Máis novas

Comentarios