Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Aberto o prazo de matrículas para as ensinanzas de Educación de Persoas Adultas

Aberto o prazo de matrículas para as ensinanzas de Educación de Persoas Adultas

Do 1 ao 11 de setembro, estará aberto o prazo de matrícula para as ensinanzas de Educación de Persoas Adultas, EPA, para o vindeiro curso 2020-2021. Así nos informa o IES Fernando Blanco, de Cee, que abre a convocatoria a aquelas persoas que teñan 18 ou máis anos, e que poidan acudir en horario de tarde-noite ás clases que lles permitan retomar antigos estudos primarios para acadar o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

Estas ensinanzas teñen como obxectivo primordial actualizar a formación básica e acceder aos diferentes niveis do sistema educativo.

Nas ensinanzas de EPA pódense diferenciar dúas etapas:

  • a) ENSINANZAS BÁSICAS INICIAIS: Destinatado a todas as persoas adultas sen titulación previa que desexen unha formación básica inicial en lecto-escritura e cálculo así como prepararse para o acceso á educación secundaria para persoas adultas.
  • b) EDUCACIÓN SECUNDARIA: Destinada a todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria.

Estas ensinanzas de secundaria poden realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos, correspondentes aos catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Aínda así, as persoas adultas poden permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise.

Ao alumnado, poderánselle validar diferentes cursos ou materias, dependendo dos estudos de EXB ou ESO que certifiquen.

Comentarios