Abre a inscrición para a FP Dual Intensiva de soldadura no IES Fernando Blanco

Hoxe luns, 24 de xuño, abre o prazo para a pre-inscrición na FP Dual de soldadura no IES Fernando Blanco de Cee. Unha formación que inclúe 12 meses de prácticas remuneradas na empresa vimiancesa Gerca acero y metal S.L.U.
Trátase da segunda edición dun programa froito da colaboración entre o centro educativo e Gerca co obxectivo de aumentar as oportunidades laborais da Costa da Morte. “A experiencia que adquires na empresa durante as prácticas non a consegues no instituto”, sinala Arcadio Álvarez, un dos rapaces que está actualmente rematando as prácticas en Gerca, da edición anterior desta FP Dual.
O programa ten unha duración de dous anos nos que e busca proporcionar aos estudantes habilidades e coñecementos avanzados de soldadura, así como experiencia laboral real, facilitando desta maneira a súa incorporación ao mercado laboral.
O período de inscrición para a FP Dual Intensiva remata o xoves 4 de xullo ás 13:00h. Os interesados en inscribirse ou en obter máis información poden contactar directamente co centro educativo IES Fernando Blanco.