Luns. 29.04.2024
El tiempo

Gerca segue medrando na Costa da Morte e supera xa os 100 traballadores

  • “O 2023 foi o trampolín para xogar en primeira, pois aumentamos un 50% a facturación e demos o paso de superar os 100 traballadores", sinala Germán Lema.
Instalacions de Gerca Acero e Metal no Poligono de Vimianzo
Instalacions de Gerca no Polígono de Vimianzo
Gerca segue medrando na Costa da Morte e supera xa os 100 traballadores

O 2024 preséntase como un ano moi prometedor para a empresa vimiancesa Gerca acero y metal, que xa ten en proxecto a ampliación das súas instalación no Parque empresarial de Vimianzo.

Esta empresa adicada á fabricación de mobiliario metálico nunca deixou de medrar dende que viu a luz no ano 2007, aínda que as súas orixes se remontan a 1996, pero nos últimos anos post-covid o seu crecemento disparouse.

O 2023 foi o trampolín para xogar en primeira, pois aumentamos un 50% a facturación e demos o paso de superar os 100 traballadores, estamos case nos 120 e todos eles da Costa da Morte” sinala Germán Lema.

Ademais de aumentar en equipo humano e facturación, tamén se fixeron novas inversións en maquinaria punteira no sector, duplicando así a capacidade de corte por láser entre outros procesos.

Todo parece indicar que Gerca está en fase de ascenso e que ten claro que a súa prioridade e manterse na Costa da Morte loitando contra o éxodo rural e xerando emprego de calidade.

Máis novas

Comentarios