Venres. 03.05.2024
El tiempo

Do FP Dual, directos á fábrica de Gerca

Becarios en Gerca ACERO Metal FP
Arcadio Álvarez, Aitor Nemiña, Sergio Fabián, Raúl González e Santiago Bermúdez arrincan a fase de prácticas na propia fábrica de Gerca
Do FP Dual, directos á fábrica de Gerca

Este mes de febreiro chegaron a Gerca os 6 rapaces de prácticas do segundo ano da FP Dual de soldadura e caldeiraría do IES Fernando Blanco. Durante os próximos 7 meses realizarán a súa estadía na empresa vimiancesa co obxectivo de rematar ademais de cunha titulación, con experiencia no sector do metal.

Gerca leva moitos anos colaborando coa Formación Profesional en todos os seus formatos a través de diferentes institutos e centros formativos. Da alianza cun deles, o IES Fernando Blanco de Cee, nace no ano 2022 un novo curso de FP Dual de Soldadura e Caldeiraría co fin de ampliar a oferta formativa na Costa da Morte e que os rapaces e rapazas da zona que estivesen interesados no mundo do metal puidesen estudar cerca da casa.

“A nosa experiencia está sendo moi boa, por iso acabamos de confirmar a nosa colaboración para lanzar outro curso de setembro 2024 a agosto 2026 para acoller de novo ao alumnado, incluso á clase íntegra se fose necesario. O que non queremos é que se retire esta formación agora que a conseguimos”, afirma Mélani Lois, responsable de comunicación de Gerca acero y metal.

En xuño sairá oficialmente anunciada a convocatoria do novo curso da FP Dual de soldadura e caldeiraría para que o alumnado poida matricularse e que empresas da zona interesadas se incorporen para a oferta da prácticas.

Máis novas de Gerca

Comentarios