Acerta lanza un curso de Agricultura Ecolóxica
- Quedan aínda dúas prazas para o curso de Atención Sociosanitaria para persoas dependentes no Domilicio

10:17 19/03/24
Acerta Formación acolle novos cursos formativos. Quedan aínda dúas prazas para o curso de Atención Sociosanitaria para persoas dependentes no Domilicio, que comeza esta mesma semana.
Pero ademais, xa prepara o Curso de iniciación á Agricultura Ecolóxica, que se desenvolverá todos os sábados de marzo a xuño. Un xeito de coñecer todo o proceso, da preparación do terreo á colleita. A parte teórica realizarase en Cee, e a práctica en Corcubión.
Máis información en acertaformacion@gmail.com ou 981 10 60 60.