Adrián Leira preséntase ás Eleccións Municipais de Cee

15:52 09/07/18

Un Coreano para Korea

”Quero que Cee volva chegar aos 10.000 habitantes”
”Dóeme ver os carteis de “Se vende”, “Se Alquila”… pola vila. Dóeme ver que non hai negocios, que non hai nada, que non se move nada. E por iso, e porque a xente mo pide pola calle, algún mesmo entre lágrimas, preséntome. El pueblo llano es mi cómplice, por iso me presento. Porque a xente confía en min para reconstruír Cee. E a realidade é que temos que reformularnos todos, non só Cee, mira Fisterra que vivía da Pesca e agora faino do turismo. E Cee?”. ”Quero chegar aos 10.000 habitantes, sobre a todo que a xente de aquí que vive fóra, que poida volver traballar á súa casa”. Así de rotundo se manifesta: “Cee é un diamante en bruto e necesita un pulidor, e ese pulidor son eu, asegurando que “van cambiar moitas en Cee, gañe eu ou non gañe, pero as cousas vou facer que cambien.Universidade e Porto
Entre a batería de ideas que ten na carteira para recolucionar a vila da Xunquera, Leira conta cun acordo asinado, que é o me respalda nestas eleccións, cunha universidade privada onde os rapaces de aquí poderán estudiar na Casa da Cultura, carreiras como Enfermería, Medicina e Odontoloxía. Co Hospital da Xunqueira ao lado, a verdade é que é un caramelo para as universidade, e eu xa conseguín isto, que aínda non gañe, voullo dar ao vindeiro alcalde para quye Cee poida medrar”. Nese sentido, Leira bota a ollada ao pasado glorioso de Cee. “Temos que volver a sentir a crecer Cee e para iso hai que mirar atrás, aos proxectos que xa o fixeron crecer no seu día, como a baleeira, Carburos Metálicos, a empresa de madeiras do meu avó, ou Fernando Blanco. Debemos mirar a nosa historia e potenciar o que nos fixo crecer, por iso ademais da Universidade tamén quero darlle un impulso ao porto de Brens, para que sexa centro loxística para empresas fortes, como Malasa, que teñen moitos traballadores da zona que poderán quedar a traballar na vila”. Ademais ten intención de colaborar con iniciativas activas, como todas as que está a desenvolver as parroquias de Desiree.De pactos
Así son algunhas das propostas coas que se vai presentar Leira ás Municipais intentando “xuntar a todos e non andar a golpes, unindo non só Cee, se non a toda a Costa da Morte”. E precisamente, falando de pactos, Leira explica que “non vou dicir con quen pactaría, pero ao mellor fago un goberno como Pedro Sánchez, collendos aos mellores de cada grupo. Porque Margot Lamela, por exemplo, é a miña avogada, e Serxio Domínguez do BNG é un tío estupendo, e nas listas dos outros partidos hai moita xente válida. Eu estaría encantado de facer un tripartito ou un cuatripartito”. Terá onde escoller Adrián se consegue formar un goberno, en maioría ou minoría, pois haberá un abano de posibilidades para as eleccións de Cee tremendamente amplo. Por agora haberá papeletas de IxCee, PP, PSdG, BNG, Ciudadanos, (Unión Cidadá aínda non decidíu se se presenta) e o partido de Adrián Leira. Este vindeiro 2019, o debateQPC seguro que cobra unha gran trascendencia.Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/os-traizoados-do-pp-de-cee-ofrecense-a-ciudadanos/ https://quepasanacosta.gal/ciudadanos-cee-ficha-a-alvaro-do-montanes/- 11-05-18: 34 afiliados “traizoados” danse de baixa do PP de Cee.
- 03-05-18: O PP de Cee renóvase complemente.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).