Venres. 29.03.2024
El tiempo

Adrián Leira preséntase como candidato á alcaldía de Cee polo Partido Libertario

Adrián Leira preséntase como candidato á alcaldía de Cee polo Partido Libertario
Adrian Leira preséntase en Cee polo Partido Libertario Adrian Leira preséntase en Cee polo Partido Libertario Como avanzábamos o pasado mes de xullo, Adrián Leira, é un dos candidatos á alcaldía de Cee nas vindeiras eleccións de maio de 2019. Farao cos siglas do Partido Libertario (P-LIB), partido constituído en xullo de 2009 en Madrid, presente na práctica totalidade de comunidades autónomas. O presidente do partido é Daniel Martínez (Madrid). O emprendedor no sector deportivo (foi directivo do Alcorcón, equipo de 2ª División) e actual presidente do Unión Club Cee, buscará cunha batería de propostas que "desaparezan as trabas para crear emprego e riqueza ou abrir un negocio". Pide un "Concello moito más transparente e que deixe de ser un obstáculo, cuns servizos urbanos de calidade que non lle saian ao cidadán a prezo de ouro". Coa presentación das súas siglas trae unha batería de propostas

"Propostas libertarias para Cee"

    • Auditoría independente e externa de todos os gastos do Concello, para determinar cales son necesarios, e cales innecesarios ou ata negativos para a actividade económica e social de Cee.
    • Baixada do IBI ao o mínimo permitido pola lei, e trala auditoría das contas municipais, establecemento de bonificacións deste imposto na medida en que sexa posible. Reducción significativa de todos os demais impostos municipais. Menos impostos para uns cidadáns más prósperos.
    • Eliminación da opacidade das subvencións municipais, publicando todas e cada unha delas na web do Concello, de maneira que sexan fáciles de ler e descargar. O mesmo con todos os gastos municipais.
    • O Concello promoverá ante a Xunta a sustitución do sistema de licenzas municipais ao abrir un negocio por unha declaración responsable con obriga dun seguro a terceiros que se poida realizar na oficina municipal, ou ben telematicamente. Cero tempos de espera e menos burocracia.
    • Incremento de especialidades en FP mediante o concurso do tecido empresarial da zona. Os empresarios podrán patrocinar novas especialidades, e ofrecer saídas de prácticas e posteriormente laborais aos mozos nas súas empresas (modelo xa aplicado con éxito no País Vasco e en Estados Unidos).
    • Reforma dos parques infantís para que queden cubertos, e así os nen@s de Cee e os seus pais poidan sacar más partido a estas instalacións municipais e gozar xuntos do seu tempo de lecer aínda que chova.
    • O Concello se desfará daqueles servizos e infraestructuras que, puidendo corresponder a outras administracións públicas, foran asumidas por anteriores equipos de goberno e resultan excesivamente custosas para os veciños de Cee. En particular, realizaranse xestións para que a Xunta se faga cargo do Centro de Saúde e proporcionen un adecuado mantemento.
    • Eliminación das zonas azuis de aparcamiento con esixencia de horario e o privilexio de zona reservada á corporación municipal. Creación de más zonas de aparcamiento gratuito en todo o casco urbano e sen restricción de horario. Os veciños xa están pagando o Imposto Municipal de Circulación de Vehícus e deben ter a posibilidade de aparcar sen pagar además unha multa.
    • O Concello se convertirá en aliado natural dos traballadores e os empresarios locais, eliminando trabas burocráticas e custos innecesarios para a creación de emprego e para a actividade diaria das empresas, conseguindo así un tecido empresarial potente, dinámico e competitivo en Cee.
    • Concesións de servizos municipais a empresas privadas especializadas en prestar devanditos servizos de xeito eficiente, con calidade e a un prezo competitivo. Que de verdade proporcionen o servizo polo que cobran. En particular, solución da falta de rede de sumidoiros nas parroquias e aos problemas no fornezo de auga para as vivendas de nova construción.
    • Racionalizar as actividades do Concello para que se adapten ás necesidades reais de Cee, e en caso de haber excedentes dos impostos e taxas, envorcalos nun fondo de aforro, que evite futuros sobrecustos aos veciños en caso de imprevistos.
    • Irmandamento de Cee con localidades doutros países para intercambiar coñecementos que redunden na mellora da xestión municipal e abrir oportunidades formativas, culturais, e de negocios para os ceenses.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/adrian-leira-presentase-as-eleccions-municipais-de-cee/

Comentarios