Vernes. 19.04.2019
El tiempo

A AECC celebra do Día contra o Cancro de Cólon animando á xente a facer probas de detección precoz

Mesa informativa da AECC en Cee
Mesa informativa da AECC en Cee
A AECC celebra do Día contra o Cancro de Cólon animando á xente a facer probas de detección precoz

Este pasado domingo 31, Día contra o Cancro de Cólon, a AECC de Cee realizou unha nova e oportuna campaña preventiva. Achegáronse ás portas do Centro Comercial Finisterrae de Cee para animar á xente a participar nas probas de detección precoz do Cancro Colorrectal que se están a realizar na nosa comunidade, especialmente a poboación de entre 50 e 69 anos, á que vai dirixido ou aquelas outras persoas que non estando na franxa poidan ter algún dos síntomas ou queiran facelo por prevención.

Dende a entidade lembraron que “anticiparse pode salvar vidas”.

Aproveitaron a acción para vender lotaría nacional destinada a AECC, cuxo sorteo será este sábado 6 de abril. As persoas que todavían estean interesadas na lotería, poden recoller os últimos décimos este xoves día 4, na Sede que a AECC (situada no terceiro andar do Concello de Cée) en horario habitual de: 11 a 13:00 h.

Próximamente estarán a venda as entradas para o II Xantar Solidario do domingo 12 de maio, que será ás 14:30, no pavillón municipal de Cee.

Comentarios