Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A AELG realiza unha Polafía arredor da baleeira de Caneliñas

Polafia Cee
A AELG realiza unha Polafía arredor da baleeira de Caneliñas

Este sábado 26 de novembro, a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) achégase ao Auditorio da Casa da Cultura de Cee para recuperar varios testemuños orais de veciños e veciñas do noso concello que tiveron unha estreita relación co mundo da balea. A baleeira de Caneliñas será pois a protagonista desta nova “Polafía”, que baixo o título “Atrás da balea” pretende rexistrar todo o patrimonio lingüístico e etnográfico xurdido arredor desta práctica pesqueira.

O proxecto está coordinado por Antonio Reigosa e Lois Pérez, e conta coa colaboración de diversas asociacións e co patrocinio da Área de Cultura da Deputación Provincial de A Coruña.

Nesta xornada, os escritores Francisco Xosé Fernández Naval e Xosé Iglesias acompañarán a varias persoas que traballaron na antiga baleeira de Caneliñas. Teñen xa confirmada a súa participación, Manuel Caamaño Martínez, Manuel Trillo Fidalgo, Victorio Caamaño Vázquez e Jesús Manuel Blanco Costa.

Exposición

Ao remate, a sala de exposicións acollerá ás 20.00 horas a inauguración dunha nova exposición, que se poderá visitar ata o vindeiro 15 de decembro. “Encontro a tres” é unha exposición de pintura a cargo dos artistas Isabel Soutullo, Josecho González e a larachesa Maribel Castiñeira (XMÑ).

Comentarios