Alba Vieites Lestón motiva ao alumnado co seu libro “Quiero ir al cole”
Este sábado 10 de decembro, ás 18:30h terá lugar na Biblioteca Municipal de Cee a presentación do primeiro libro da mestra Alba Vieites Lestón: “Quiero ir al cole: herramientas y recursos para motivar al alumnado”.
A ceense é é unha mestra de Primaria e PT. Unha mestra por vocación que despois de varios anos traballando e opositando, o pasado 2021 aprobou a oposición. Actualmente traballa no CEIP San Vicenzo (Vimianzo), colexio no que a acolleron con moito afecto, pero anteriormente estivo como alumna e mestra, no que considera a súa casa, no CPR Manuela Rial Mouzo.
Pero quere ir máis alá das aulas, e vendo que os nenos/as están sobreestimulados e cada vez é máis complexo motivalos na aula, quere lanzar este libro para axudar ás familias a que sexan capaces de mantelos animalos. “É un libro práctico, visual, con ideas, metodoloxías e diferentes recursos descargables para poder aplicar na aula ou no fogar”, explica.
Podedes ver algunha pista do que hai no libro no Instagram @elauladealba o seu día a día docente, recursos, materiais, ideas e incluso materiais para opositores/as.