mércores. 30.04.2025
El tiempo

Alejandro Finisterre baila a ritmo de blues no Nadal do Centro Comercial Finisterrae

Alejandro Finisterre baila a ritmo de blues no Nadal do Centro Comercial Finisterrae
O Centro Comercial Finisterrae de Cee xa ten preparada a axenda para estes Nadais. Os domingos 5, 19 de decembro e o domingo 2 de xaneiro o Centro abrirá as súas tendas mañá e tarde para facer as compras mais cómodas aos seus clientes.

Festa infantil a ritmo de blues

O domingo 5 de decembro o Centro Comercial Finisterrae celebrará o seu sétimo aniversario. Os actos comezarán sobre as 16:30h da tarde e constarán dunha Gran Festa Infantil e a actuación do grupo musical de Blues, Miki Nervio and the Bluesmakers (www.mikinervio.com). A partir das 19:00h terán lugar cos tradicionais petiscos e viños para todos e agasallos para os clientes, incluíndo entradas gratis para sesión de cine.

Máis nadal

Ademais dos tradicionais eventos do Nadal, a festa de Papa Noel (día 24) e Reyes (día 5) celebraremos o día 24 o sorteo das 25 Cestas de Nadal entre todas as rifas que xa están sendo repartidas polas tendas como premio ás súas compras.

Homenaxe a Alejandro Finisterre

O Centro comercial xa ten preparada no local de Xogos unha placa conmemorativa para coñecer e admirar a interesantísima vida e obra deste aventureiro da nosa terra. Finis Terrae Centro Comercial rende así unha homenaxe ao inventor do fútbolín, destacada figura cultural. Unha homenaxe que segue os pasos da iniciada pola Plataforma "Fisterra, único fin do Camiño", á que envían dende o Centro Comercial os seus parabéns polo traballo para que Don Alejandro sexa declarado "Fillo Predilecto" da vila que lle viu nacer.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios