“O Corpus na aldea”: as festas sacramentais nas nosas freguesías
A primeira parte deste título foi tomada dun artigo da revista do Auto-aéreo Club de Galicia, de maio de 1937; as liñas do texto que evoca as festas nas nosas vilas están acompañadas dunha fermosa foto daquel tempo, que tomamos para presentarlle aos lectores. Aínda que a imaxe está identificada como que foi feita en Outes, en realidade, o fotógrafo estaba asistindo á procesión do Santísimo Sacramento da parroquia de San Xurxo de Artes, en Carballo. Concretamente, está no momento no que estaba facendo a estación no cruceiro ao lado da igrexa. Vemos como en primeiro lugar está o pendón parroquial, esa bandeira xigantesca de brocado; a cruz rodeada de dous ciriais, o palio que indica a presenza do Sacramento e, finalmente en fileira, as imaxes de San Xurxo ecuestre, San Antón de Padua, a Virxe das Neves no seu baldaquino e a Virxe do Carme. Todas as tallas pódense atribuír ao escultor compostelán Antonio Sanjurjo, excepto Nosa Señora das Neves, documentada no ano 1847 e que se aproxima á maneira de traballar do tallista Liñares, efixie que se festexa en Artes xunto co Santísimo Sacramento o 5 de agosto, data da fotografía.
Falando un día cun sacerdote natural de Castela, comentaba este que en Galicia son poucas as parroquias que celebran a festa sacramental no día propio do Corpus Christi, que estamos próximos a conmemorar. Antigamente, este caía no xoves despois da oitava de Pentecoste, flutuando de día no mes de xuño, pasándose por cuestións laborais en España ao domingo seguinte cara o ano 1990. Só poucas parroquias do noso rural tiñan privilexio de celebralo solemnemente no día propio; outras moitas tíñano no domingo que continuaba, chamado da infraoitava, e outras ao xoves da semana seguinte. Así, nos concellos de Carballo e Coristanco, tíñase en xoves só nas parroquias de Santa Baia de Castro e San Xes de Entrecruces; en Santa María de Ferreira ou en Santa María de Rus conmemorábase no domingo e, en San Xián de San Xusto, celebrouse nun principio, polo século XVII, aos oito días. Porén, como aínda se mantén en moitas delas, o Santísimo Sacramento era celebrado o mesmo día da festa do patrón da parroquia: en Verdes, o día de San Adrián, 16 de xuño; en Agualada, na festividade de San Lourenzo, 10 de agosto; en Cereo, o día da Asunción, 15 de agosto; en Aldemunde, o día de Santa María Magdalena, 22 de xullo... Tamén, noutras conmemórase o día dun Santo importante para a devoción dos veciños, que normalmente tiña unha confraría forte: en Valenza, o Sacramento era no día de San Roque, 16 de agosto; en Xaviña, no século XVII, día de Santa Margarida; en Cuns, tamén no día desta Santa, que é o 13 de xullo; en Razo, na festa de San Xoán; en Artes, o día das Neves, como xa vimos, etc.
Toda esta revolución do calendario litúrxico débese ás seguintes cuestións: a) se o Santísimo se celebraba só, demostraba que a parroquia, mediante as confrarías do Sacramento ás que estaban todos asociados, tiña a capacidade económica para facer unha festa digna, vésperas e procesión; b) se era celebrado xunto co Santo patrón, significaba que a confraría do Sacramento tiña capacidade, pero as rendas da fábrica, das que se tomaban para facer a romaxe do titular, eran insuficientes, tendo a Misa do patrón antes con menor importancia e, a continuación, a do Santísimo con maior prestancia; c) se a festa Sacramental era no día dun Santo secundario que tiña confraría, era síntoma de que a irmandade do primeiro era menor ca do segundo, apoiando esta a solemnidade. Igualmente, para diferenciar unhas festas das outras, as parroquias que tiñan a festa Eucarística no xoves propio, tiñan o dereito exclusivo de dicir que celebraban o «Corpus»; non obstante, as que o facían ao longo do ano, titulan as súas como festas do «Santísimo Sacramento». É o mesmo misterio, recalcar a presenza de Cristo na Eucaristía, pero cunha advocación e singularización clara.
O aumento da solemnidade nas festas sacramentais nas nosas humildes parroquias veu con motivo do Concilio de Trento, rematado a mediados do século XVI, mais non será ata ben entrado o século XVII cando se comecen a facer gastos considerables nelas: aumento da clerecía no oficio das vésperas e da Misa solemne, foguetes, músicos, schola cantorum, mellores ornamentos e alfaias litúrxicas...
Outros artigos de Luís Bermúdez sobre patrimonio eclesiástico
- Os obxectos dunha casa reitoral de Bergantiños en 1822
- Pablo Ángel Aldao e Breijo: un bergantiñán reitor, cóengo e catedrático
- Santiago Abuelo Lado e Santiago Abuelo Alvite: cregos construtores e benfeitores de Bergantiños
- P. Lino Gómez Canedo, un ilustre franciscano natural de Bergantiños
- Don Pedro Pillado Gómez: fundador do Desencravo de Sofán
- Sor Modesta Salgado Berdía: unha abadesa e reformadora natural de Carballo
- Sor María Francisca Carracedo: Fundadora do Colexio das Fillas da Caridade de Carballo
- Igrexas e ermitáns na zona de Bergantiños
- Unha misión xesuíta de 1673 polas parroquias da Costa da Morte
- A accidentada visita pastoral de Coristanco do ano 1879
- A imaxe de San Amaro de Bértoa: unha talla rebautizada
- Santa Eufemia en Bergantiños: unha devoción chegada das terras de Trazo
- Santos catacumbais na Arquidiocese de Santiago: San Fidel de Carril, mártir
- José Carballeira Pérez (1858-1942), benemérito párroco de San Xoán de Carballo
- A devoción a Santa Apolonia en Castro
- Santos catacumbais na Arquidiocese de Santiago: San Vitorio, mártir
- Un crime de novela acontecido en 1895 nunha parroquia de Carballo
- Noventa e cinco anos da imaxe da Virxe Milagrosa en Entrecruces
- Unha nova aldea para unha gran igrexa: a construción dunhas vivendas públicas no entorno da parroquial de Rus en 1789
- Os párrocos de Santa María de Traba e San Martiño de Oca, en Coristanco, dende finais do século XVI
- Un libro de rendas e esmolas da parroquia de Santa Baia de Castro, en Coristanco, do ano 1711
- Un documento inédito redactado en Rus en 1796: o testamento da esposa do artista Ignacio Tiburcio Freire
- Ritos e liturxia popular nos santuarios da zona de Bergantiños
- Santos catacumbais na Arquidiocese de Santiago: San Calisto, mártir
- O incendio do retablo de Noicela en 1906
- A reliquia de Santo Outelo de Goiáns
- Narciso Coello de Portugal (1864-1945), crego de Bértoa
- Unha imaxe peculiar e valiosa: a Virxe de Guadalupe de Oza
- Os párrocos de Bergantiños na visita pastoral de 1817
- A contratación da campá maior de Rus, en Carballo, en 1791
- A cruz parroquial de Verdes, en Coristanco: unha das pezas de prata de máis antigüidade na zona de Bergantiños
- As constitucións de 1771 da confraría de Santa María de Ferreira
- Analizando polo miúdo a custodia de San Pedro de Valenza, en Coristanco
- Setenta anos da chegada de don Cipriano Reiriz de Dios (1902-1983) a Valenza, Coristanco: o crego que fixo progresar o rural.
- A igrexa de Santa Baia de Castro, en Coristanco, a través da visita pastoral de 1817
- A igrexa de Santa Baia de Castro, en Coristanco, a través das visitas pastorais dos séculos XVII e XVIII
- Milagres da Virxe de Pastoriza nas comarcas de Bergantiños e Soneira
- Santos e marcos: a discusión entre san Xián e santa Baia polo lugar de Lume da Cova
- A pirotecnia e as festas de Bergantiños no pasado
- A supresión e anexión das parroquias de San Xusto e Verdes
- Os toques das campás en Bergantiños e o contrato das campás de Oza, Xaviña e Lemaio
- As capelanías existentes en Bergantiños a mediados do século XVIII
- O preito de Santa Minia de Seavia (1870)
- Algunhas sepulturas históricas nas igrexas da zona de Bergantiños
- Don Nicolás Varela Díaz: un fillo ilustre da comarca de Bergantiños
- A devoción a san Antonio de Padua na parroquia de Agualada
- A Virxe da Saleta de Silván: avogosa e protectora das patacas de Coristanco
- A capela das Salgueiras, en Coristanco: de ermida particular a templo veciñal
- A devoción a san Roque na comarca de Bergantiños