Martes. 15.10.2024
El tiempo

Alumnado do IES Fernando Blanco de Cee visitan a bienal de maquinaria-ferramenta

Alumnado do IES Fernando Blanco de Cee visitan a bienal de maquinaria-ferramenta
Alumnos do IES Fernando Blanco de Cee na Bienal Espanola de Maquinaria Ferramenta Alumnos do IES Fernando Blanco de Cee na Bienal Espanola de Maquinaria Ferramenta Alumnos de 1º e 2º de mantemento electromecánico do IES Fernando Blanco acudiron a pasada fin de semana a Bilbao para ver de primeira man o último en maquinaria-ferramenta. A BIEMH - Bienal Española de Maquinaria Ferramenta -, que vai xa pola 29 edición, e que se organiza cada dous anos na BEC - Bilbao Exhibition Centre - conta con máis de mil fabricantes e de 2500 produtos, dos cales máis de 1.000 están nesta exposición en funcionamento para que os visitantes poidan ver in situ o último en tecnoloxía aplicada á metarluxia. Os alumnos do Fernando Blanco desfrutaron dos mellores avances en robótica e automatismos, en maquinaria de corte por láser e auga, ferramentas, soldadura e incluso drones. Máis de 150.000 metros cadrados distribuídos en seis pavillóns que albergaron marcas e empresas de máis de 20 nacionalidades. Por primeira vez, conxuntamente coa BIEMH celebrouse a primeira edición de “Work Inn”, foro internacional de formación e emprego, onde os alumnos de IES Fernando Blanco puideron ter contacto con empresas nacionais e internacionais que buscan profesionais do sector do metal. Así mesmo, tamén se levaba a cabo a 1ª edición de Addict3D, exposición de impresoras 3D capaces de crear todo tipo de pezas con maior ou menor complexidade. Alí mesmo, os alumnos puideron observar como traballaba a impresora 3D máis grande que existe agora mesmo no mercado. Para os alumnos esta foi unha fin de semana “inmesa e a máis interesante de todas as vistas” polo que recoñeceron que agardan xa o 2018 con grande interese. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios