sábado. 23.05.2026
El tiempo

XEAL nega a versión do ex traballador que sufríu un accidente laboral en 2023

Imaxe da farsa celebracion dos 120 anos de Xeal
Directivos de XEAL con representantes institucionais durante a singular celebración dos 120 anos da fábrica
XEAL nega a versión do ex traballador que sufríu un accidente laboral en 2023

A empresa XEAL, a través dun burofax a través do seu avogado remitiu un escrito a este medio no que nega as denuncias publicadas por QPC do ex traballador tralo accidente laboral sufrido en 2023, e que acabaron provocando a súa incapacidade permanente.

Neste burofax do seu representante legala a empresa asegura que "non existe ningunha sentenza administrativa ou xudicial firme que declare que XEAL cometeu infraccións graves, neglixencia grave ou incumprimento dos protocolos de seguridade en relación co accidente laboral ao que se fai referencia na información publicada".

A dirección da empresa incide en que  "no momento do accidente, o traballo ao que se fai referencia na noticia estaba a realizarse de acordo co procedemento operativo interno correspondente para o traballo en cuestión e comunicado a todos os traballadores afectados". "No momento do accidente, XEAL contaba con protocolos de seguridade aplicables á actividade que se estaba a realizar, e non é certo afirmar a existencia dun incumprimento xeneralizado dos devanditos protocolos. Na data en que se produciu o accidente, XEAL contaba con cobertura de seguro para calquera posible responsabilidade civil que puidese derivarse do incidente".

Ademais, o comunicado asegura que "non existe ningunha práctica empresarial de culpar os traballadores despois de accidentes laborais nin de privalos dun apoio eficaz". E que "o/a xerente de Recursos Humanos de XEAL non recibiu o empregado con burlas, faltas de respecto nin ameazas de despedimento", "nin tratou á empregada de maneira irrespectuosa, humillante ou intimidante en relación cos feitos descritos na noticia".

Máis novas do caso

Comentarios