Martes. 19.03.2024
El tiempo

A Semana Cultural do IES Fontexería, Libre_mente en liña

Semana Cultural online do IES fontexeria Muros
A Semana Cultural do IES Fontexería, Libre_mente en liña

Non podía faltar, pasase o que pasase, a XXXI Semana Cultural do IES Fontexería, de Muros. Este ano tocaba en plena corentena, pero non quixeron deixar pasar a oportunidade de compartir ducias de experiencias, despois de meses de preparación. No canto de suspender, levan todas as actividades previstas á rede, para que toda a comunidade educativa desfrute de diferentes actividades, con cabida para a música, a poesía, os proxectos educativos do centro, ... e en xeral, como é habitual, todo tipo de manifestacións culturais.

A Semana celébrase nesta ocasión baixo o título de “Libre_mente” e irá crecendo a medida que vaian chegando novas propostas.

Polo de pronto podedes disfrutar con filmes, con experiencias de ciencia e bioloxía, poesía, patrimonio, monólogos, teatro…

Novas relacionadas

Comentarios