Alumn@s do Fernando Blanco practican o seu portugués de viaxe
08:12 01/06/18
Alumnos do IES Fernando Blanco en Guimaraes
Que importante é saír e viaxar para aprender. E iso téñeno claro no IES Fernando Blanco que sempre arman viaxes culturais para os seus alumnos. Desta volta, un grupo de 1º de bacharelato que cursa Introdución á cultura e lingua portuguesa, fixeron unha excursión a Portugal entre o 30 de maio e 1 de xuño, acompañados polos seus profesores Serxio Iglesias e Javier Turnes.
Nesta excursión tiveron como "centro base" a localidade de Melgaço. Onde se hospedaban no
Visitaron Castro Laboreiro, na Serra de Peneda-Gerês. Tamén visitaron Guimarães e Braga.
Esta excursión ademais tiña como finalidade practicar a lingua portuguesa aprendida durante o curso.
No parque nacional de Peneda-Gerês