Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Anabel Piñeiro renuncua á acta de concelleira polo PSdG de Cee

Anabel Piñeiro renuncua á acta de concelleira polo PSdG de Cee
Anabel Piñeiro

Unha das poucas persoas que loitaba pola recuperación dun partido perdido, ten que coller as maletas e marchar. Anabel Piñeiro, que non hai nin ano que tomou posesión como concelleira e que intentou facer as cousas ben dende dentro, vese na obriga de renunciar á acta de concelleira por unha obriga da Dirección Xeral da Administración Local.

O pleno de Cee perde unha persoa moi válida. Mágoa.

Carta de renuncia á acta de concelleira de Anabel Piñeiro

Fai once meses, cando tomei posesión da miña acta como concelleira polo PSdeG-PSOE en Cee non pensei que antes de rematar o ano tería que estar escribindo a miña nota de renuncia.
Cheguei ao posto coa intención de recuperar pouco a pouco a confianza da xente no PSOE de Cee, sobre todo despois do fracaso electoral de maio de 2011. Durante este tempo foron numerosas as mostras apoio de cidadáns e cidadás da miña vila que vían unha posibilidade de renovación a nivel local do partido no que milito.
Tratei de exercer a miña tarefa de oposición do xeito mais honesto e transparente posible pero marcho co sabor agridoce de saber que queda moito por facer, que tan só estábamos empezando a abrir o camiño.

Lamentablemente, véxome na obriga de presentar a miña renuncia a acta de concelleira no Concello de Cee, dado que a Dirección Xeral de Administración Local interpreta que existe incompatibilidade entre o cargo de concelleira e o meu contrato como directora do obradoiro “Solpor” por parte do Concello de Fisterra.

É certo que podería optar por renunciar ao traballo pero nos tempos que corren e a pesar de levar traballado mais de dez anos tanto para o sector público como para a empresa privada, ás oportunidades laborais para a xente da miña xeración, e por desgraza para todos, son cada vez mais escasas.

Seguirei traballando a nivel militante de base por un partido máis aberto e máis transparente que dea resposta aos problemas reais da xente e estou segura de que o novo concelleiro ou concelleira do PSdeG-PSOE fará un bo traballo no que resta de lexislatura.

Sen máis, agradecer a xente que me brindou a súa confianza, aos traballadores e traballadoras do Concello e a corporación municipal por facilitar a miña labor, aos meus compañeiros e compañeiras de partido, e aos medios de comunicación.

Un saúdo e ata pronto.

  • Anabel PIñeiro, ex concelleira de Cee polo PSdG.

Fonte

Comentarios