Aparecen en Estorde media ducia de araos papagaios que non soportaron o temporal

08:02 19/01/23
As consecuencias da #BorrascaFein continúan deixándose ver. Desta volta imos ata a praia de Estorde, onde esta tarde Felipe Sar atopaba unha “masacre”. Así definía a estampa Alfredo González, da Coordinadora de Estudos de Mamíferos Mariños (CEMMA), que os identifica como araos papagaios.
”Están aparecendo centos de exemplares desta e doutras especies por todos lados. Demasiado temporal, non o soporta ninguén”. En calquera caso, non lle quita ferro ao asunto. “É un feito extraordinario. Unha masacre, natural, pero unha masacre", sinala.