APEM celebrou o Día Mundial da Saúde Mental cunha gran cea solidaria
O pasado sábado 14 de outubro tivo lugar no restaurante A Lagoa de Vimianzo a celebración da IIIs Cea Solidaria APEM, baixo o lema “Traballar sen máscaras, empregar sen barreiras”. Nela participaron 292 persoas, entre elas personalidades políticas da bisbarra, do mundo sanitario e do social, empresarios, e moitas persoas que quixeron acompañarn nesa noite especial para a familia Apem, na que unha vez máis, intentan mostrar á sociedade a labor que realizan e dar visibilidade á situación das persoas con problemas de saúde mental.
A velada estivo amenizada por Fran Hermida, gran profesional da comunicación na Cadena Ser, que foi dando paso a Antonia Pérez Amieiro, presidenta de Apem, Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo, e ós usuarios que leron o manifesto do Día Mundial da Saúde Mental deste ano, e proxectaron un emotivo vídeo realizado por eles, que arrancou máis dunha lágrima entre os asistentes.
Houbo o sorteo de varias figuras de cerámica deseñada por KerámiKos, e finalizou a cea co concerto de Pintura Plástica que fixo bailar ós asistentes ata altas horas da madrugada.
Novas relacionadas
- A experiencia de A PEM na Radio Nordés recibe un premio de integración e normalización.
- APEM organiza a súa III Cea Solidaria polo Día da Saúde Mental.
- Os Tesouros de Papel de Fran Martín, de APEM.
- Marzo 17: APEM trasladouse ao Lonxano Oeste e o Centro Social foi de foliada polo Entroido.
- Decembro 16: APEM viviu o seu festivo Nadal.
- Cea Solidaria 2016: A Costa da Morte comprométese con APEM.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).