Apem recibe de novo o apoio de Ferroatlántica para adquirir un novo vehículo


A Asociación Prol Enfermos Mentais (APEM) terá un novo vehículo para levar e traer aos seus usuarios. E o terá gracias ao acordo de colaboración asinado coa empresa Ferroatlántica. O acto contou coa presenza de Carlos Oliete, director de Ferroatlántica; José Luís Muruzabal, presidente de APEM; Pety Vázquez, coordinadora de servizos de APEM-área Soneira-Fisterra e Antón Lestón, representante de APEM-área Fisterra-Soneira.
O día a día de APEM
APEM dispón en Cee dun centro de día, unha unidade residencial e unha vivenda tutelada. Ao redor de corenta persoas levan a cabo cada día actividades no Centro de Rehabilitación como talleres prelaborales, terapia ocupacional e habilidades sociais, actividades de lecer e tempo libre, psicoeducación, etc. e unha vintena viven na residencia xestionada por APEM. Ademais, son necesarios os desprazamentos para actividades como educación física adaptada, natación, cursos de vela adaptada e distintas saídas e excursións.
Diariamente desenvólvense acompañamentos para fomentar a autonomía persoal no desenvolvemento de xestións, compras, consultas médicas, etc. ?Para todo iso ? sinalou a coordinadora de APEM- a asociación contaba nesta zona con só unha furgoneta, co que nos resulta moi difícil compaxinar todas as actividades?. Co novo vehículo subvencionado por Ferroatlántica, adquirido por medio de leasing, facilitarase a dinámica da asociación, tanto desde o punto de vista do usuario como desde o propio profesional de APEM.
"Queremos agradecer esta colaboración de Ferroatlántica -recoñeceu o presidente de APEM- xa que co novo vehículo impúlsase a misión da asociación que é facilitar a recuperación, adaptación e integración social das persoas con enfermidade mental e prestar o apoio necesario ás súas familias".
O director de Ferroatlántica, que xa colabora con APEM noutras iniciativas como o financiamiento de mobiliario ou o patrocinio dun programa de radio semanal desenvolvido polos propios usuarios e emitido en Radio Nordés, mostrou a súa satisfacción coa firma deste convenio e eloxiou a gran tarefa que desenvolve APEM na zona. "Estamos orgullosos de colaborar coa asociación nun punto de vital importancia para a súa dinámica e que sen dúbida repercutirá positivamente no día a día dos usuarios".
Que é APEM?
APEM naceu en xaneiro de 1980 a instancias dun grupo de familiares de enfermos mentais animados por profesionais que eran conscientes de que o tratamento destes enfermos pasaba por algo máis que o tratamento farmacológico e debía completarse desde o punto de vista social. Foi a primeira asociación destas características que se creou en Galicia e unha das primeiras de España. Actualmente conta con Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral na Coruña (2), Cambre (1), Betanzos (1), Carballo (1) e Cee. En Cee o centro de APEM está presente desde o ano 2002 onde contan cun Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral, unha vivenda supervisada e en 2007 comezou a funcionar a Unidade Residencial.
Novas relacionadas
- Aspadex adaptará a súa vivenda ocupacional co apoio da Ferroatlántica.
- O ACB Costa da Morte volve ser axudado por Ferroatlántica.
- Apem e Aspadex achéganse ao mar con Cataventos.
- Aspadex e Apem participaron no Concurso de Murais de Lar.
Fonte
- Nota de prensa de APEM.