APEM trasladouse ao Lonxano Oeste e o Centro Social foi de foliada polo Entroido


Despois apetura escolar do Entroido ceense, e aínda co gran sábado de Entroido por diante, a familia da Asociación pro enfermos mentales (APEM) de Cee e Vimianzo celebrou o pasado luns a súa festa trouleira na unidade residencial que a entidade ten na localidade de Cee.
Este ano a temática elixida foi a do Lonxano Oeste, e o centro viuse transformado nun lugar onde indios e vaqueiros asinaron un tratado de paz que dou o pistoletazo de saída a unha tarde chea de sorpresas, entre elas, bailes e unha charanga creada polos usuarios dos centros de Cee e Vimianzo.
Nesta ocasión contaron coa colaboración do grupo de APEM Carballo que deleitaron cunha representación teatral “Unha de vaqueiros. Non a mina” que levou a bisbarra aínda máis si cabe ó Far West.
Ademais, o entroido é un día de portas abertas, polo que famliares e amigos tamén disfrutaron da festa desta entrañable familia. A festa rematou cunha merenda e chocolatada como é a tradición.


Foliada no Centro Social

Menuda foliada que se celebrou onte no Centro Social de Cee, na que participaron entre outros o grupo de pandereteiras do Centro Social. Houbo degustación de filloas e orellas e sorteouse unha cesta de entroido á gañadora, Isabel Rodriguez.

Máis entroido
Ollo que aínda queda moito entroido. O sábado será o gran concurso de comparsas, este ano, de novo, no pavillón.Novas relacionadas
- Programa do Entroido de Cee 2017.
- Entroido 2017: Os escolares abriron o Entroido ceense.
- Entroido 2016: O Entroido de Cee bailou a ritmo da Rueirada.
- Entroido 2016: Os centros de ensino queceron o entroido de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).