A APP TAS, feita na Costa, únese ás Policías Locais como a oficina mundial de obxectos perdidos
Segue medrando de xeito orgánico a TAS APP, a aplicación móbil feita polo ceense Rubén Prieto, que ppouco a pouco se vai convertindo na oficina mundial de obxectos perdidos. A aplicación móbil está operativa dende 2021 e leva máis de 170.000 descargas en todo o mundo, facilitando reencontros impensables ata agora.
A aplicación dá un salto hoxe, asinando un convenio coa UGPOL (Unión Galega de Policías Locais de Galicia). A directiva, representada en máis de 80 Xefaturas de outros tantos concellos de toda a comunidade (na zona en Fisterra, Cee, Camariñas, Vimianzo, Laxe, Zas ou Muxía), vén de aceptar por unanimidade un convenio de colaboración con "TAS time and space”, para facilitar á cidadanía atopar os seus obxectos perdidos.
A entidade valora que se trata dunha “unha iniciativa pioneira no mundo que nace de querer atopar unha solución a un problema cotiá: cada ano chegan ás oficinas das policías locais miles de obxectos de valor (reloxos, carteiras, xoias, teléfonos...) e quedan rexistrados collendo pó nas estanterías sen que as persoas propietarias saiban que están alí”.
Por iso, as xefaturas da UGPOL comprométense a empregar a aplicación móvil TAS para dixitalizar este rexistro e, desta maneira, permitir á cidadanía, de maneira gratuita e sinxela, comprobar en tan só uns segundos se o que perderon está en mans de calquera xefatura destes 87 concellos.
FuncionamentoA súa funcionalidade é orixinal e moi sinxela: consiste nun mapa onde os usuarios poden deixar unha nota avisando de se perderon ou atoparon algo. Tamén se emprega para mascotas perdidas e avisos de toda índole. O que diferencia esta app dun taboleiro de anuncios xigante é que todos os "tases" publicados (notas que poden incluír fotos, vídeos e audios) están "cravados" nun lugar, nunha data concreta e poden ser filtrados por palabra clave. É dicir, podemos escribir no filtro "carteira + coiro + vermella" e reducir a búsqueda á provincia de A Coruña e ao último mes.
Para evitar usos fraudulentos e que as persoas se poñan a intentar recuperar os "rolex" doutras persoas... a información dada (e requerida) polos membros da Policía Local de Galicia que integran UGPOL será a mesma que se nos presentásemos nas Xefaturas policiais físicamente.
Presentación
O sábado 13 de Abril terá lugar en Padrón, no hotel Scala, a presentación e explicación das posibilidades da app a todos os/as asistentes na Asamblea da UGPOL, por parte do ceense Rubén Prieto, fundador de "TAS app SL”.
NOVAS RELACIONADAS
- Marzo 22: A APP TAS xa ten unha valoración de 4M €: "Estase taseando moito en América”.
- Xullo 21: En marcha TAS, a oficina mundial de obxectos perdidos feita na Costa da Morte.
- Decembro 2020: Unha APP de orixe costeira, cunha valoración de 1,2 millóns de euros, aspira a convertirse nun internet paralelo.