Aprendendo curiosidades científicas con Jorge Mira
Non para. Día si e día tamén o vemos nos medios de comunicación. I é que a súa innata capacidade de divulgación fai que todo o mundo o chame. Se o pasado sábado "A Ciencia no punto de Mira".
A charla versou de temas variados da bioloxía, a física e a química. Empezou tratando aspectos relacionados cos diferentes métodos de reprodución dos seres vivos, do dimorfismo sexual e dos sistemas de atracción que usan diferentes especies de animais e plantas e a través de anécdotas curiosas e exemplos foi enlazando co mundo celular e a súa similitude co cosmos. Falou tamén de estudos científicos pouco útiles, premiados os IgNobel ou do funcionamento do botafumeiro da catedral de Santiago de Compostela.
Foi unha hora e media de charla moi amena e que conseguiu captar a atención do alumnado do Fernando Blanco e doutros centros da zona que tamén estaban invitados.
Novas relacionadas
- Jorge Mira recibe o premio de Ensinanza da Real Sociedade Española de Física.
- Un novo premio crítico para Jorge Mira.
- As vogais da TVG teñen acento da Costa da Morte.
- O baiés Jorge Mira segue recibindo premios pola súa capacidade de divulgar ciencia.
- Un Nóbel máis que coñece a fin do mundo da man de Jorge Mira.
- A Ciencia dende o punto de Jorge Mira .
- As entrevistas do GDR: Jorge Mira.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).