Aquí non se tira nada: Un local de ensaio feito na casa
Continuamos con esta nova sección en QPC na que as imaxes son as protagonistas. Dando un xiro ás clásicas “Chapuzas galegas” que todos os xornais do país recollen, en QPC prantexamos a idea como unha demostración do enxeño dos galegos para reciclar. “A vida útil do inútil” podería ser perfectamente o tagline da sección.
Hoxe imos ata Lires. Aló, ante a falta de apoio da administración local tiveron que tirar de enxeño e reciclaxe para convertir a antiga escola, centro de operacións na vila cultural lirense, nunha aula insonnorizada aula para os seus futuros gaiteiros e pandereteiras.
Centos de cartóns de ovos pedidos ás panaderias, moquetas que nos regalaron, uns euros para o material de pegar a parede, e dúas semanas de traballo duns cuantos en horas de ocio. Pero aí está, a única aula insonnorizada do concello.
Bravo polas Pedras Miúdas de Lires.
Envíanos a túa foto
Agardamos ir recuperando todas estas escenas do agro, e do urbano, da Costa da Morte. Quen mellor que vós para contarnos estes exemplos de enxeño dos vosos arredores.
Animávosvos a que nos mandedes imaxes deste calado, así como fotodenuncias, a [email protected].
Aquí non se tira nada!
- Aquí non se tira nada: A Petenera Agrícola.
- Aquí non se tira nada: A Petenera Móbil.
- Un columpio de tuberías.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Foto de Serxio Domínguez.